O 32 mellores equipos infantís masculinos de todo o país chegarán a Lugo e a Sarria entre os vindeiros 9 e 15 de xuño para dar vida a un no Campionato de España e nós temos o deber de acollelos coa hospitalidade que nos caracteriza e, sobre todo, celebrar que estén na nosa casa.
O Baloncesto Galego ten que estar orgulloso do seu ánimo constante para ser referente de organización en eventos tan especiais como son os Campionatos de España, unha cita na que o deporte e o disfrute van da man, tanto para os deportistas como para familiares e afeccionados.
Lugo e Sarria, neste caso, volverán a ser o escenario perfecto para desplegar toda a ilusión e capacidade de traballo que atesouran tanto os seus clubs, Estudiantes de Lugo e CB Sarria, como os seus Concellos locais e institucións como a Deputación de Lugo. E isto é motivo de ledicia para a Federación Galega de Baloncesto, que quere recoñecer sempre o valor dos seus clubs como verdadeiros artífices destes éxitos.
Dende aquí, queremos polo tanto convidar a todos os galegos e galegas, e afecionados de toda España, a que se acheguen a ambas as localidades a desfrutar deste Campionato, do que de seguro quedará un inmellorable recordo e ganas de máis baloncesto e máis Galicia.
Agredecer tamén á Federación Española de Baloncesto que volva a confiar en na nosa Comunidade, por sexto ano consecutivo, como sede dunhas citas nacionais que xa son parte de nós.
Francisco Martín.